Free entry
Duration 70 minutes
Show in Galician language and sign language.
Includes audio description for people with visual impairments.
As protagonistas do Día das Letras Galegas 2025 son as cantareiras e a poesía popular oral! E AS FILLAS BRAVAS, que levan xa dez anos espallando por todo o país as voces das cantareiras e a poesía popular, queren contribuír á festa. AS FILLAS BRAVAS son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira. AS FILLAS BRAVAS viven en Momán, unha aldea que representa todas as aldeas e na que todo é posible. Elas veñen a reafirmar modelos apoderados de muller, vencellados a expresións culturais tradicionais que agochan berros emancipatorios e cantos de rebeldía insospeitados, valorizando a participación das mulleres na construción dunha memoria e dunha identidade colectiva.
Unha produción Chévere, co apoio do Concello de Teo e Agadic.
Chévere é unha compañía de axitación teatral con máis de 35 anos de traballo ao lombo, que soubo manter con naturalidade unha proposta escénica tan irreverente como xenuína. En 2014 recibiu o Premio Nacional de Teatro, polo seu compromiso social e cultural e pola súa coherente traxectoria de creación colectiva, transgresión de xéneros e conexión crítica coa realidade.
CHÉVERE > Rúa da Queimada, 49 baixo — 15703 — Santiago de Compostela info@grupochevere.eu | https://grupochevere.eu
powered by eventQualia